lunes, 27 de julio de 2015

Os ciclistas encherán as rúas de Curtis e Teixeiro o 1 de agosto

  • Os participantes, sen límite de idade, poderán inscribirse até o 30 de xullo.

O Concello curtiense organizará o día 1 de agosto, sábado, o Día da Bicicleta en Curtis e Teixeiro, no que poderán participar afeccionados ao ciclismo sen límite de idade xa que tamén pretende incentivar a asistencia das familias. Esta actividade deportiva é unha das máis arraigadas no municipio, que ve como cada ano crece o número de participantes.

Para optar aos trofeos será obrigatoria a inscrición, que se poderá realizar até o día 30 deste mes nas dependencias municipais de Teixeiro (Casa Consistorial) e nas de Curtis (Mercado Comarcal).

A ruta terá como punto de partida, ás 10.30 horas, o Pavillón Polideportivo de Curtis e a Praza de España en Teixeiro, e o percorrido en ambos os casos finalizará en San Roque de Xabriño. Á chegada terá lugar o sorteo dunha bicicleta de montaña e a entrega dos trofeos ao ciclista máis novo, ao máis veterano, á bicicleta máis orixinal e ao grupo ciclista máis numeroso. Ademais, haberá avituallamento para os participantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!