viernes, 21 de agosto de 2015

RAFA PONS SERÁ O CABEZA DE CARTEL DO FESTIVAL BRIGAROCK 2015

Hoxe celebrarase en Betanzos outra edición do Festival Brigarock, no que se combinará a música das bandas locais, representadas por Los Inesperados, Sickeeper e Loss Yos, coa música desenfadada, as letras coidadadas e a ironía rockeira do catalán Rafa Pons. A cita musical será na Praza da Constitución, a partir das 22 horas. Os concertos comezarán con Los Inesperados que darán paso a Rafa Pons a partir das  23 horas, sobre as 00:30 horas será o turno de Sickeeper, que darán o relevo a Loss Yos, a iso da 01:30 da mañá. 
O festival pretende ser unha mostra da creatividade dos músicos máis novos da cidade, ao tempo que se aposta por traer ata Betanzos a música de autores, con propostas de calidade e novedosas como é o caso de Rafa Pons.
 

 
 
 

Comienzan las Clases!!!