viernes, 18 de diciembre de 2015

A reserva da biosfera recibe o primeiro premio Camiño de Santiago



O conselleiro de Cultura entregou a Santiso a distinción polo traballo da entidade a favor do Camiño

O alcalde de Abegondo e presidente de As Mariñas Coruñesas, José Antonio Santiso, recibiu hoxe na Cidade da Cultura, en representación da Reserva da Biosfera, o primeiro premio Camiño de Santiago, promovido por Turismo de Galicia.
A entidade recoñece así o traballo da Reserva para a promoción do Camiño Inglés. En concreto, a distinción procede de varias accións. En primeiro lugar no ámbito de mellora do Camiño: a reserva organizou un proxecto de eliminación de especies invasoras na entrada do Camiño á Reserva por Miño. Foron 139.000 metros cadrados nos que se actuou e se rehabilitaron con vexetación autóctona.
E a nivel turístico e de promoción, destácase a conxunción da vía a Compostela coas outras rutas do territorio. E o apoio á apertura do mesón Xente no Camiño en Presedo, centro único destas características.
Santiso, que foi acompañado de alcaldes, concelleiros, e representantes de asociacións e do comité científico das Mariñas Coruñesas, recibiu o premio de mans do conselleiro de Cultura, Román Rodríguez. “Quédanos moito por facer, e recoñecementos como este axúdanos a seguir perseverando”, afirmou.
O alcalde avanzou que aínda quedan retos como mellorar a zona de afección do Camiño, poñendo en valor os espacios públicos, e  promovendo que se convirtan os Camiños en corredores verdes.



Concerto Grupo Amizades y Axenda Actividades


O próximo 27 de decembro celebrarase en Sada un concierto gratuito do grupo Amizades dentro da programación do Día Solidario. O concerto terá lugar no auditorio da Casa da Cultura Pintor Lloréns en dous pases. O primero as 18:30h. e o segundo pase as 20:00h.
As invitacións para ambos pases están dispoñibles dende onte na Casa da Cultura (11:00-14:00 horas) ata completar o aforo. Poderanse retirar un máximo de 4 invitacións por persona.
O obxetivo do Dia Solidario é recaudar alimentos non perecederos e productos de hixiene polo que o día do concerto haberá un espacio dispoñible para que os asistentes poidan depositalos.
Adxunto ademáis axenda de actividades do próximo fin de semana (Teatro Infantil, Concerto de Nadal e carreira Solidaria) e a orde do día do pleno extraordinario que celebrarase o 17 de decembro as 20:00 horas no Salón de Plenos do Concello.

AXENDA ACTIVIDADES:
CONCERTO DE NADAL - TEATRO - CARREIRA SOLIDARIA.

http://concellodesada.com/gl/axenda-de-eventos-gl.html

Comienzan las Clases!!!