viernes, 11 de agosto de 2017

As analíticas realizadas pola Xunta de Galicia confirman o bo estado da auga da Praia das Delicias

No que vai de verán a a Consellería de Sanidade realizou un total de cinco controles microbiológicos das augas de baño das praias de Sada confirmando, en todas eles, os resultados positivos da calidade da auga.

Sada 10 agosto 2017

Os últimos controis realizados nas praias de As Delicias e A Nova, no centro urbano de Sada, así como nos areais de Morazón, Arnela, Cirro e San Pedro, confirman os resultados positivos que xa se detectaron nas primeiras probas.

Na última mostraxe, realizada o 1 de agosto, a praia de As Delicias arroxou un resultado de 150 no número máis probable (NMP) de unidades formadoras de colonias por 100 mililitros de auga de Escherichia Coli e 31 no de Enterococo intestinal, un dato semellante á primeira proba da tempada, realizada o 29 de maio. Na praia Nova, a última analítica mellora os datos, con 31 de E. Coli e 10 de enterococo.

En todo caso, os controis están moi lonxe do límite de 1.000 a partir do cal se recomenda non bañarse, polo que as augas dos dous areais urbanos son aptas para o baño, segundo as analíticas realizadas pola Xunta de Galicia.

Na praia de Morazón os resultados son case coincidentes coa praia Nova de Sada e as praias de Arnela, San Pedro e Cirro coinciden nos seus datos arroxando 9 de Escherichia Coli e 9 de Enterococo intestinal.

Desde o goberno local valórase positivamente estes datos e espérase que as próximas análises ata o final de verán sexan coincidentes cos actuais. “As Delicias non consta na listaxe da Xunta de Galicia de praias con prohibición permanente de baño polo que o próximo ano, se seguimos nesta tendencia, poderemos ter a consideración de calidade de auga suficiente“, destacan desde o goberno local.

http://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/3733/20170804_ControisZB2017_CO.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!