viernes, 11 de agosto de 2017

O ALCADE DE SADA CONVOCA PLENO EXTRAORDINARIO PARA O SÁBADO 12 EN RELACIÓN AO PAZO DE MEIRÁS

A comisión informativa xeral do Concello de Sada ditamina a favor da proposta de acordo da Alcaldía sobre o Pazo de Meirás

Sada 9 agosto 2017.

No día de hoxe celebrouse a Comisión informativa Xeral do Concello de Sada no que se ditaminaba a proposta de acordo da Alcaldía en relación ao Pazo de Meirás (adxuntase proposta) que se vai levar a Pleno o vindeiro sábado día 12 ás 12.30 horas.

A proposta da Alcaldía ten por obxecto demandar da Xunta que no exercicio das competencias que ten atribuídas respecto do réxime de visitas aos BIC sexa o Concello de Sada o que as xestione así como outras iniciativas relacionadas coa memoria histórica, o recoñecemento ás vítimas e a condea ás declaracións públicas da Fundación, así como á procedencia das medidas necesarias para poder incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público.

A proposta foi ditaminada a favor polos grupos municipais de Sadamaioría, BNG e PSdG-PSOE. O grupo municipal do PDSP votou en contra de dita proposta e o Partido Popular, abstívose.

O alcalde de Sada, Benito Portela, agarda que no Pleno do sábado vindeiro todos os grupos da corporación voten a favor da proposta de acordo, proposta que recolle o sentir da sociedade galega ante as manifestacións públicas por parte da Fundación Francisco Franco sobre a intención que teñen no referente á xestión das visitas ao BIC Pazo de Meirás.

Asemade, o alcalde de Sada, agarda que esta convocatoria sirva para lograr un acordo unánime en relación a dar os paso precisos para recuperar o Pazo de Meirás para a titularidade e usos públicos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!