lunes, 27 de julio de 2015

BOLETÍN TEATRO COLÓN/PRÓXIMAS FUNCIÓNS

UNO, PEQUEÑO Y LIBRE

DO XOVES 6 AO DOMINGO 9 DE AGOSTO # 20:30 h
Tras anos de non pisar os escenarios cun espectáculo de cuxo xénero é pioneiro, Pedro Ruíz presenta esta nova montaxe: luxosa, divertidísima, fonda e brillante. Todas as facetas de Pedro Ruiz dende a actualidade ao esperpento, dende a risa á tenrura, dende a canción paródica á emocionada homenaxe.
 


MELLIZOS

POR HUMOR AL ARTE

AGOSTO: XOVES 13 E VENRES 14 # 20:30 h. SÁBADO 15 # 20:00 E 22:30 h. DOMINGO 16 # 20:30 h.
Volven Bertín Osborne e Paco Arévalo cunha nova aventura de Mellizos: 'Por humor al arte'. Os dous cómicos xa percorreron toda a península cos seus anteriores shows con grande éxito de público, e nesta nova entrega queren explicar por que seguen xuntos. Haberá cancións, música en directo, historias divertidas, sorpresas e imprevistos.



ENFRENTADOS

CON ARTURO FERNÁNDEZ E DAVID BOCETA

AGOSTO: DO MARTES 18 AO VENRES 21 # 20:30 h. SÁBADO 22 # 19:00 E 22:00
O Padre José María é un sacerdote católico de gran carisma que probablemente estea chamado a maiores responsabilidades xerárquicas. A aparición de Tomás, un mozo seminarista apaixoado e rebelde vai trastocar a súa parroquia, levándoos a un enfrontamento co que o público viaxará da risa á tenrura.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!