lunes, 27 de julio de 2015

Por cuarto ano consecutivo, a vindeira fin de semana, terá lugar en Sada a Feira Modernista.



O edificio de “La Terraza”, emblema do Modernismo en Sada, irradiará durante ós proximos 31 de Xullo, 1 e 2 de Agosto, toda a súa esencia artística para contaxiar a localidade coa frescura dos “tolos” anos 20. Unha vez máis, a proposta festiva tratará de ofrecer unha amplia variedade de eventos que satisfagan  a un público cada vez mais exixente, mantendo como finalidade primordial a posta en valor do seu patrimonio artístico e cultural.
Programada durante a primeira fin de semana de agosto, a Feira Modernista estase a converter nun dos eventos e reclamos turísticos principais de Sada, localidade que fixo do turismo un dos seus principais medios de vida.
Esta singular opción festiva concentra un grande número de propostas culturais destinadas ó gran público, nas que a música e a danza danse a man para facer que o público recree e respire o ambiente da sociedade de principios do século XX. 
Destacar tamén o bautismo aéreo na modalidade de “voo cautivo” no que as persoas que acudan caracterizados coa súa mellor “vestimenta de época” terán prioridade á hora de subir ,de maneira gratuíta, a un globo aerostático, que se elevará, entre as 19:00 e as 21:00h. do sábado, para contemplar unha perspectiva privilexiada da vila, engalanada para a súa Feira Modernista.
Nesta edición como nas anteriores, búscase favorecer a participación dos veciños, do tecido empresarial e de todos os que se acheguen á localidade. Unha interesante oferta de concertos, clases de danza, pasarrúas, xogos tradicionais, charlas e conferencias, exposicións didácticas na rúa e una atractiva proposta gastronómica construirán o esquelete desta cuarta edición do modernismo en Sada.
“Musicalismos” iniciado na pasada edición, é a oferta musical e de danza  que trata de tocar os diferentes estilos musicais que foron tomando forma ó longo da primeira parte do seculo pasado.  A proposta artística desta edición, contará con :“Liza´s Ladies e Revival Stompers”, “O Sister!”, “Gallaecia Big Band” e “Potato Head Jazz Band” como principais nomes da escena do “swing” a nivel nacional.
O “Mercado Modernista”, fundamental nesta feira, verá incrementado o seu número de casetas con repecto á pasada edición, e estará aberto ó longo da celebración do evento. Coma sempre, a participación de todos ós que asistan a esta feira, e a sua caracterización de época será o prato fundamental, neste menú festivo,  no que se misturan todo tipo sabores culturais.

Programación Feira Modernista

VENRES 31 DE XULLO.  
II MUSICALISMOS:“Liza´s Ladies e Revival Stompers”.
19:00h. Paseo Marítimo.
Animación musical e de danza. Actuación de danza-cabaret con acompañamento musical en directo a cargo dos “Revival Stompers”. A comitiva partirá da Casa da Cultura en pasarrúas en dirección ó Porto. Haberá unha actuación en parado nos arredores do edificio do Concello, antiga Axudantía.
21:00h. Praza de San Roque.
Segundo pase das Liza´s Ladies, que guiarán un desfile popular de “vestimenta modernista” dende a Praza de San Roque ata a Carpa Acendida. Alí ofrecerán unha actuación sobre o escenario da carpa.
II MUSICALISMOS: “O Sister!” (Sevilla).
22:00h. Carpa Acendida. Dende o escenario da Carpa Acendida, reviviremos a música das formacións vocais de inicios do s. XX coa actuación dunha das mellores representantes deste tipo de música a nivel nacional.

SÁBADO 1 DE AGOSTO.
II MUSICALISMOS: “Clase de danza. Escola de danza Carmen López”.
12:00h. Praza de San Roque.
Sesión didáctica de danza aberta a todos os públicos. Guiada polos profesores da escola de danza de Carmen López, ensinarán ós asistentes a moverse ós ritmos que soaban nos cafés e salóns modernistas, como o fox-trot, o swing, o charleston...
“Globo aerostático: voo cautivo”.
18:00h. Praia das Delicias, ó lado do río.
Dende as 18:00h. comezarán na Praia das Delicias os preparativos para o inflado dun gran globo aerostático, no que o público da Feira Modernista poderá darse un bautismo aéreo na modalidade de “voo cautivo” entre as 19:00h. e as 21:00h. As persoas que acudan ataviados coa súa mellor “vestimenta de época” terán prioridade á hora de subir, de maneira gratuíta, sobre o ceo sadense para contemplar o marco incomparable do entorno das Mariñas de Sada, desfrutando dunha perspectiva privilexiada da vila engalanada para a súa Feira Modernista.
II MUSICALISMOS: “O Sister!” (Sevilla).
21:30h. Carpa Acendida.
Segundo pase de concerto desta banda sevillana que abrirá unha velada con moito ritmo, recuperando a esencia orixinal das bandas vocais das orixes do jazz e blues dos “anos 20”.
II MUSICALISMOS: “Potato Head Jazz Band” (Granada).
23:00h. Carpa Acendida.
Propoñemos unha festa musical moi animada, cunha formación granadina que promete facer que o público se entregue ó ritmo e á animación máis desenfrenada da música dos “alegres anos 20”.

DOMINGO 2 DE AGOSTO. 
“Thé Dansant”.
18:00h. No entorno da Carpa Acendida.
Sesión vespertina de música e baile, acompañada de aperitivos, te, café, champagne, froita... que, segundo a prensa da época, adoitaba a celebrarse no edificio de La Terraza. Trátase dun encontro festivo para celebrar o verán, a calor, a vida... e festexar esta edición da Feira Modernista, coas seguintes actuacións en directo:
II MUSICALISMOS: “Potato Head Jazz Band” (Granada).
19:00h. Carpa Acendida.
Propoñemos unha festa da música cun segundo pase desta formación granadina cos que comezaremos a poñer un broche festivo e de altura a este II Festival Musical-ismos. Porán o acompañamento musical ideal para animar a Carpa Acendida e o entorno do Mercado Modernista.
II MUSICALISMOS: “Gallaecia Big Band & The Lollipops” (Santiago).
20:30h. Carpa Acendida.
Esta Big Band galega formada por artistas de grande experiencia e que atesouran unha importante formación musical, xurdida de formacións musicais de acompañamento de diferentes programas televisivos, porá o punto e final festivo e espectacular tanto ó Festival Musical-ismos como a esta edición da Feira Modernista. A súa proposta musical aporta un aire fresco á escena galega, diferenciándose tanto polo seu estilo como pola súa calidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!