O Concello de Carral presentará o
libro Fotos para as mil historias de
Carral que recompila unhas 300 imaxes antigas do municipio e que formaron
parte das exposicións itinerantes do mesmo nome.
O acto terá lugar o sábado 6 de
xuño, no edificio social Toñito Espiñeira, ás 18:00 h. Nel intervirán o
alcalde, José Luis Fernández Mouriño, e o técnico municipal de Cultura, Carlos
Lorenzo Pérez, que coordinou o novo libro. A publicación contou coa colaboración
da Deputación Provincial da Coruña, editándose na súa imprenta.
O libro presenta imaxes desde
1879 ata os anos 70, con fotografías nas que se pode comprobar a transformación
da paisaxe do municipio así como da súa sociedade. A publicación está dividida por
temáticas: pazos, paisaxes, oficios, deportes, actos sociais e retratos. Todas
as fotografías forman parte do Arquivo Fotográfico Municipal que se nutre de
doazóns por parte de entidades e particulares. Na actualidade xa son unhas 60
persoas as que teñen cedido imaxes para este arquivo.
Ademais do libro en papel, o
Concello de Carral porá a disposición a nova publicación nunha versión en pdf
na páxina web municipal www.carral.es
O libro distribuirase de balde. As
persoas que desexen contar cun exemplar poderán solicitalo no acto de
presentación ou posteriormente na Casa da Cultura.
Concellería de Cultura e Participación Cidadá
tel. 981 672580
No hay comentarios:
Publicar un comentario