viernes, 13 de enero de 2017

O CLUB HAN´S HORANG-I COLABORA NA EXHIBICIÓN A FAVOR DA ASOCIACIÓN GALICIAME

O domingo 18 tivo lugar no Pavillón Polideportivo Municipal de Ribadumia unha exhibición benéfica de Taekwondo a favor da Asociación GaliciAME, organizada polo Club Deportivo Vital Sport Cambados e o Concello de Ribadumia, e, en colaboración tamén co Concello de Cambados e a Deputación de Pontevedra.
Esta exhibición serviu para recadar fondos para a asociación, da que é presidenta Merchi
Álvarez Fernández, a cal tamén está afectada pola enfermidade AME (Atrofia Muscular
Espinal), recadándose un total de 1.100 euros, os cales nos próximos días seranlle entregados á presidenta da asociación.
Esta exhibición tiña unha relevancia especial, tanto para o Club Vital Sport Cambados,
como para Merchi Álvarez, xa que esta practicou este deporte ata o ano 2014, en que
empezou a sufrir algún síntoma desta enfermidade, a cal lle foi diagnosticada en xaneiro de 2015, chegando mesmo a proclamarse en xaneiro de 2013 subcampioa galega da modalidade de técnica.
Na exhibición colaboraron, tanto a Federación Galega de Taekwondo representada no acto polo presidente Juan Carlos Eiriz, como os clubs Mace Sport de Pontevedra, Olimpic
de Vilagarcía de Arousa, Tao de Vigo, Yidam de Vigo e Han´s Horang-I de Betanzos, os
cales acudiron á cita cun total de 55 deportistas, sumados aos 85 do Club Vital Sport, e na que se congregaron unhas 400 persoas como público, que puideron gozar dun evento dun nivel elevadísimo, posto que os clubs Yidam E Mace Sport viñan de proclamarse campións de España por clubs en Alacante a semana anterior, na categorías adultos e cadete, o Olimpic subcampión e o Tao, medalla de bronce.
Á finalización de todas as exhibicións tivo lugar un acto de homenaxe moi especial e
emotivo, no que por parte da que foi a adestradora de Merchi Álvarez entregóuselle un Dobok (traxe de competición) da Selección Galega de Taekwondo, e finalmente, por parte
do Presidente da Federación, fíxoselle entrega o Título Honorífico do Grao de Cinto Negro
de Taekwondo 1er Dan, así como do correspondente diploma e un cinto bordado co seu nome.

Mostrando Exhibi_Benef_Ribadumia_2016-12-18_089.jpg

Mostrando Exhibi_Benef_Ribadumia_2016-12-18_312.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!