Mostrando entradas con la etiqueta Sada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sada. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de septiembre de 2017

Comienzan las Clases!!!


Sada formará a 12 veciños nun curso de operario de tratamento de cefalópodos

-A acción formativa ten a finalidade de capacitar ás persoas participantes para a realización de operacións específicas de recepción, almacenamento, expendeduría, preparación e elaboración de moluscos, cefalópodos e produtos derivados, coñecementos altamente demandados dentro das empresas relacionadas co sector do mar e da pesca.
Sada, 20 setembro 2017.
O Concello de Sada, a través da concellería de Urbanismo e Emprego, que dirixe Francisco Montouto, organiza na nosa localidade dentro do Plan de Formación Municipal para o Emprego un curso gratuito de Operario polivalente de tratamento de cefalópodos nos meses de outubro e novembro.
Esta acción formativa ten a finalidade de capacitar ás persoas participantes para a realización de operacións específicas de recepción, almacenamento, expendeduría, preparación e elaboración de moluscos, cefalópodos e produtos derivados, de acordo á normativa técnico sanitaria vixente e aos sistemas de xestión medioambiental, calidade, seguridade e saúde laboral. Estes coñecementos son altamente demandados dentro das empresas relacionadas co sector do mar.
O Plan de Formación Municipal para o Emprego convoca 12 prazas  para realización deste curso no que é requisito estar empadroado en Sada e que terá unha duración de 100 horas, 40 teóricas e 60 prácticas. A parte teórica do curso desenvolverase na Casa da Cultura do 16 ao 27 de outubro de 9:30 a 13:30 horas e a parte práctica, a levar a cabo nunha empresa do sector pesqueiro, dividirase en dous grupos, un do 23 de outubro ao 11 de novembro e outro do 14 de novembro ao 4 de decembro, ambos en horario de 16:00 a 20:00 horas.
O prazo de inscrición está aberto ata o venres 29 de setembro ás 14:00 horas e pode realizarse en liña dentro da sección da AEDL da web municipal sada.gal ou na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local no terceiro andar do edificio de servizos administrativos do Concello de Sada ( aedl@concellodesada.com ou no teléfono 881 92 90 57 )
 A selección de candidatos para a realización do curso terá lugar o 4 de outubro ás 10:00 horas na Casa da Cultura Pintor Lloréns, en función de baremo e test MBTI (competencias profesionais).




viernes, 25 de agosto de 2017

Rexistro Pazo Meirás

A XUNTA DE GALICIA  DÁ A RAZÓN AO CONCELLO DE SADA E INSCRIBE NO REXISTRO DA PROPIEDADE  A DECLARACIÓN BIC DO PAZO DE MEIRÁS

Sada a 25 de agosto de 2017

Dando comprimento ao solicitado polo Concello de Sada no mes de maio, a Directora xeral de Patrimonio Cultural Xunta de Galicia remitiu un escrito o pasado 3 de xullo de 2017 ao Rexistro da Propiedade de Betanzos, no que se solicita a inscrición gratuíta da declaración BIC do Pazo de Meirás. Tal solicitude xa figura  expresamente na información rexistral pública de dita finca.

O pasado día 23 de maio de 2017, o Concello de Sada remitiu unha carta asinada polo Alcalde, Benito Portela, á Xunta de Galicia  na que puña de manifesto que a declaración BIC do Pazo de Meirás non constaba inscrita rexistralmente no Rexistro da Propiedade tal e como establece o artigo 21.2 da Lei 5/2006 de Patrimonio de Galicia e instaba á Xunta á que procedese de inmediato a dita inscrición.

Asemade o Grupo Parlamentar de EnMarea tiña presentado o pasado 30 de maio unha proposición non de lei, na que pedía que o Parlamento de Galicia instara ao Goberno galego a proceder de xeito inmediato á inscrición da declaración de ben de interese cultural das Torres de Meirás no Rexistro da Propiedade. Tal iniciativa fora aprobada por unanimidade na Comisión do Parlamento celebrada o pasado 6 de xullo de 2017.

O Concello de Sada, como xa o ven manifestando denunciará calquera tipo de desleixe da Xunta de Galicia no referente ao Pazo de Meirás e aos asuntos da Familia Franco, e non permitirá que se  privilexie aos propietarios detentadores da propiedade, en detrimento da defensa dun ben declarado de interese cultural e das obrigas que á familia Franco lle corresponde, tal e como acontece na actualidade co réxime de visitas.

Axenda fin de semana

Sábado 26 agosto:

Xogos Curruncheiros  - Colabora Concellería de Cultura e Praias

XVII Torneo Xuveniles Cidade de Sada - Colabora Concellería de Deportes

Techno Galicia Festival - Organiza Concellería Promoción Económica, Turismo e Medio Ambiente xunto a Gatocan e Techno Galicia.

Festas de Meirás - Colabora Concello de Sada - Concellería de Cultura e Praias

Domingo 27 agosto

V Concentración de Motos Clásicas - Colabora Concellería de Cultura e Praias

Exhibición Canina - Colabora Concellería de Cultura e Praias

Festas de Meirás - Colabora Concello de Sada - Concellería de Cultura e Praias.


viernes, 11 de agosto de 2017

NP CHAMAMENTO PÚBLICO DO ALCALDE DE SADA

O ALCALDE DE SADA FAI UN CHAMAMENTO PÚBLICO A QUE O PLENO DO SÁBADO SEXA UN ACTO CIDADÁ E POLÍTICO-INSTITUCIONAL  PARA REMATAR COA VERGOÑA DO PAZO DE MEIRÁS DETENTADO POLOS FRANCO

O alcalde declara que estamos ante un momento histórico para sumar apoios para que o Pazo poida pasar a patrimonio público. 

Sada 10 de agosto 2017

O alcalde de Sada, Benito Portela efectuou un chamamento e convite  públicos a que as distintas administracións públicas (Xunta, Concellos, Deputacións), asi como entidades e asociacións e cidadania en xeral sumen apoios á proposta de acordo que vai someter a Pleno do próximo sábado, 12 de agosto, ás 12:30 horas. 

“O Pazo de Meirás é un asunto de interese xeral, de toda a sociedade galega, non so de Sada. A memoria histórica non é un asunto municipal. Estou certo que a Galiza enteira, as suas institucións e administracións, as suas entidades e asociacións, e sobre todo, a cidadania en xeral, comparte e asume a proposta que someterei a Pleno o sábado. Nen un minuto mais da vergoña dun Ben de Interese Cultural, o Pazo de Meirás, detentado polos herdeiros do ditador. Nen un minuto mais coa Fundación Franco xestionando o réxime de visitas. Nen un minuto mais coa vergoña”, declarou Benito Portela. 

A tal efecto o alcalde lembrou que o goberno da Xunta non poden seguir de perfil, amosando publicamente a sua contrariedade con que a Fundación xestione as visitas, e, ao mesmo tempo non adopte nengunha medida efectiva para evitalo. 

“Xunta e Estado, asi como os poderes lexislativos de ambos ámbitos,  teñen competencias e atriibucións para rematar coa vergoña da detentación da propiedade do Pazo polo ditador e que sexa unha fundación laudatoria do réxime de terror da represión franquista a que xestione as visitas. Nen un minuito mais de pasividade cómplice”, concluíu Benito Portela. 

As analíticas realizadas pola Xunta de Galicia confirman o bo estado da auga da Praia das Delicias

No que vai de verán a a Consellería de Sanidade realizou un total de cinco controles microbiológicos das augas de baño das praias de Sada confirmando, en todas eles, os resultados positivos da calidade da auga.

Sada 10 agosto 2017

Os últimos controis realizados nas praias de As Delicias e A Nova, no centro urbano de Sada, así como nos areais de Morazón, Arnela, Cirro e San Pedro, confirman os resultados positivos que xa se detectaron nas primeiras probas.

Na última mostraxe, realizada o 1 de agosto, a praia de As Delicias arroxou un resultado de 150 no número máis probable (NMP) de unidades formadoras de colonias por 100 mililitros de auga de Escherichia Coli e 31 no de Enterococo intestinal, un dato semellante á primeira proba da tempada, realizada o 29 de maio. Na praia Nova, a última analítica mellora os datos, con 31 de E. Coli e 10 de enterococo.

En todo caso, os controis están moi lonxe do límite de 1.000 a partir do cal se recomenda non bañarse, polo que as augas dos dous areais urbanos son aptas para o baño, segundo as analíticas realizadas pola Xunta de Galicia.

Na praia de Morazón os resultados son case coincidentes coa praia Nova de Sada e as praias de Arnela, San Pedro e Cirro coinciden nos seus datos arroxando 9 de Escherichia Coli e 9 de Enterococo intestinal.

Desde o goberno local valórase positivamente estes datos e espérase que as próximas análises ata o final de verán sexan coincidentes cos actuais. “As Delicias non consta na listaxe da Xunta de Galicia de praias con prohibición permanente de baño polo que o próximo ano, se seguimos nesta tendencia, poderemos ter a consideración de calidade de auga suficiente“, destacan desde o goberno local.

http://www.sergas.es/Saude-publica/Documents/3733/20170804_ControisZB2017_CO.pdf

O ALCADE DE SADA CONVOCA PLENO EXTRAORDINARIO PARA O SÁBADO 12 EN RELACIÓN AO PAZO DE MEIRÁS

A comisión informativa xeral do Concello de Sada ditamina a favor da proposta de acordo da Alcaldía sobre o Pazo de Meirás

Sada 9 agosto 2017.

No día de hoxe celebrouse a Comisión informativa Xeral do Concello de Sada no que se ditaminaba a proposta de acordo da Alcaldía en relación ao Pazo de Meirás (adxuntase proposta) que se vai levar a Pleno o vindeiro sábado día 12 ás 12.30 horas.

A proposta da Alcaldía ten por obxecto demandar da Xunta que no exercicio das competencias que ten atribuídas respecto do réxime de visitas aos BIC sexa o Concello de Sada o que as xestione así como outras iniciativas relacionadas coa memoria histórica, o recoñecemento ás vítimas e a condea ás declaracións públicas da Fundación, así como á procedencia das medidas necesarias para poder incorporar o Pazo de Meirás ao patrimonio público.

A proposta foi ditaminada a favor polos grupos municipais de Sadamaioría, BNG e PSdG-PSOE. O grupo municipal do PDSP votou en contra de dita proposta e o Partido Popular, abstívose.

O alcalde de Sada, Benito Portela, agarda que no Pleno do sábado vindeiro todos os grupos da corporación voten a favor da proposta de acordo, proposta que recolle o sentir da sociedade galega ante as manifestacións públicas por parte da Fundación Francisco Franco sobre a intención que teñen no referente á xestión das visitas ao BIC Pazo de Meirás.

Asemade, o alcalde de Sada, agarda que esta convocatoria sirva para lograr un acordo unánime en relación a dar os paso precisos para recuperar o Pazo de Meirás para a titularidade e usos públicos.

viernes, 4 de agosto de 2017

Sada convoca un pleno extraordinario para que o Concello sexa quen xestione  as visitas ao  Pazo de Meirás e solicitar apoio institucional para poñer fin á detentación pola familia Franco da propiedade do Pazo e a sua incorporación ao patrimonio público

Tamén se inclue na proposta de acordo demandar da Xunta de Galicia e do goberno do Estado o apoio institucional para realizar todas aquelas actuacións encamiñadas a recuperar o Pazo de Meirás para a titularidade e uso públicos. “Os poderes públicos, tanto os lexislativos como os administrativos e no seu caso os xudiciais teñen nas suas mans poñer fin ao anacronismo histórico de que a familia do ditador continue detentando a propiedade dun Pazo cuxa adquisición foi resultado da extorsión asociada a un réxime de terror”, afirmou Benito Portela.

Tamén se contempla na proposta de acordo formalizar unha declaración institucional de condea expresa ante os comunicados emitidos pola Fundación Francisco Franco así como de apoio á memoria das vítimas do franquismo.

Finalmente, instar ás Cortes do Estado, Grupos Parlamentarios e do goberno do Estado a realizar as iniciativas lexislativas conducentes á modificación da vixente Lei 50/2002 de Fundacións,  co obxectivo da posterior declaración como ilegais daquelas, que como a Fundación Francisco Franco, teñan por obxecto a homenaxe á vida e obra criminais do ditador.  

martes, 1 de agosto de 2017

Sada convoca o Consello Sectorial Ambiental onde se revisará, coas aportacións veciñais, a normativa municipal sobre benestar animal

-A ordenanza de benestar animal de Sada, quedou sobre a mesa no pleno de xuño para recoller máis suxestións.
-O alclade de Sada, Benito Portela, convida a todas as persoas, colectivos e asociacións interesadas a participar dá reunión para achegar as suxerencias que estimen oportunas.
Sada 1 de agosto 2017.
O Consello Sectorial Ambiental convocou para mañá mercores unha reunión extraordinaria para abordar a revisión da normativa municipal sobre benestar animal co fin de contar coas aportacións veciñais para a nova ordenanza.
O goberno municipal propuso no pleno do pasado mes de xuño deixar sobre a mesa a citada ordenanza de protección dos animais e de convivencia responsable, para recoller máis suxestións de colectivos e veciños tras “recibir numerosas chamadas de persoas interesadas en participar no debate”, sinalou o alcalde, Benito Portela.
"Sorprendéronnos as achegas de moita xente que descoñecía que estabamos a tramitar esta norma", sostivo Portela, que anunciou naquel pleno a convocatoria dun consello sectorial específico para abordar melloras na normativa.
Agora o Concello de Sada convoca a esta xuntanza, que terá lugar mañá mércores ás 21:00 horas no salón de Pleno do Concello de Sada, a todas as persoas e entidades integradas no Consello Sectorial Ambiental, constituído o 3 de maio de 2017, así como a todas as personas ou entidades interesadas na participación do punto da orde do día desta reunión.

Esta normativa municipal estaba incluida na planificación da que se dera conta ao pleno a principios do ano en curso.

lunes, 17 de julio de 2017

Excelentes resultados en la Liga Galicia, Castilla y León

El domingo día 16 se ha dado por concluida la Liga Galicia-Castilla y León 2017, con la última jornada disputada en Sada, en la cual participaban los Clubes: Rolling Lemons (Valladolid), Patín Bierzo (Ponferrada), FSV (Vigo), Alquimia (A Coruña), Rabadeira (Oleiros) y Sada Patín (Sada). Queremos felicitar a todos nuestros patinadores y a nuestro entrenador porque se han proclamado campeones en las 4 categorías que se disputaban:
- 1ª Categorías superiores Masculino (Infantil-Absoluta-Master)
- 1ª Categorías superiores Femenino (Infantil-Absoluta-Master)
- 1ª Categorías inferiores Masculino (Mini-Prebenjamín-Benjamín-Alevín)
- 1ª Categorías inferiores Femenino (Mini-Prebenjamín-Benjamín-Alevín)

¡¡¡¡¡¡¡¡CAMPEONES!!!!!!!!

Fotos

Diego Miguez subcampeon gallego de triple salto


Este fin de semana Diego Miguez del Club Atletismo Sada se ha proclamado subcampeón gallego de triple salto, con una marca de 13,21 metros, superado tan solo por el atleta del Barcelona Alfonso Palomanes.
La juventud de Diego, hace presagiar un gran futuro para el atleta y el club sadense.

jueves, 13 de julio de 2017

Cruz Roja de Sada recibe una nueva entrega de alimentos de la Unión Europea

Campaña de Alimentos Unión Europea

La Organización humanitaria movilizó recursos y personal de Sada para una nueva
recepción de alimentos de la Unión Europea, esta vez de 3.250 Kg. correspondiente a la
primera entrega del ejercicio 2017-2018.

A través del programa de ayuda alimentaria del Fondo de Ayuda Europea para las personas

mas desfavorecidas (FEAD), a finales del mes de Junio se han recibido 3.250 kg de alimentos no

perecederos (leche, pasta, arroz, legumbres, salsa de tomate, sopas, judías, fruta en conserva,

galletas, etc) que se repartieron en la primera entrega a 170 personas residentes en Sada. En

esta ocasión se ha contado con la inestimable colaboración de la Fábrica de cerveza artesana

Bandua que amablemente ha compartido sus instalaciones para el almacenamiento y posterior

distribución de los alimentos. Desde la Delegación de Cruz Roja de Sada trasladamos nuestro

agradecimiento por su colaboración, sin la cual sería imposible realizar esta labor.


Al igual que en anteriores ediciones, el personal de Obras y Servicios del Concello de Sada se

encargó de recoger y trasladar la mercancía desde la nave central ubicada en Ledoño (Culleredo).

Y, por último, los voluntarios de Cruz Roja, haciendo gala de su implicación y compromiso, han

logrado que el reparto inicial se realice en el plazo de una semana, asumiendo la organización del

material y configurando los lotes de alimentos para las familias destinatarias.

FESTAS do CARME en Sada


http://www.concellodesada.com/ga/axenda/festas-do-carme-2017



martes, 11 de julio de 2017

Sada Futsal

Desde el SadaFutsal comunicamos que desde hoy mismo, queda abierto el plazo de inscripcion para la TEMPORADA 2017-2018.
Como en años anteriores nuestras categorias comienzan desde los 3 años (Escuelas Municipales) y resto de Categorias hasta Senior.
Para solicitud de plazas e  informacion general, podeis dirigiros al correo sadafutsal@gmail.com.
A través de un mensaje en nuestra web o el los telefonos:
638.988.571 y 658.493.615

Os esperamos para pasar un año más de aprendizaje, competicion y como siempre....
SEGUIR CRECIENDO JUNTOS..!!!
GRACIAS.

Plazas limitadas.
Fecha limite de inscripcion 10 de Agosto 2017.

jueves, 22 de junio de 2017

PARTICIPACIÓN NO MERCADO MODERNISTA DE SADA

Dende a Concellería de Cultura e Praias, xestionada pola socialista María Pardo, estan a traballar na organización da VI Feira Modernista de Sada, na que, como é habitual, contemplamos un espazo para a instalación dun “Mercado Modernista” no que se exporán ó público diferentes produtos e elaboracións artesás, de interese comercial e/ou artístico, que poidan ter algunha relación cos conceptos que definiron ó movemento Modernista.

COMUNICACIÓN PARA PERSOAS/ENTIDADES INTERESADAS EN PARTICIPAR NO MERCADO MODERNISTA.

Durante os tres días de celebración da Feira Modernista sucederanse unha serie de propostas culturais en diferentes rúas de Sada. Ó longo de cada día programaranse actuacións musicais, exhibicións, pasacalles, rutas de vehículos de época, propostas lúdicas, cine… todo centrado en recrear o espírito dunha época e inspirado nos conceptos artísticos do Modernismo, que deixou a súa pegada na nosa localidade a través, sobre todo, do patrimonio arquitectónico e de movementos sociais e históricos que dan forma á nosa identidade como pobo.

No epicentro das celebracións, no entorno do Paseo Marítimo e da praza situada detrás do edificio modernista de La Terraza, instalaraNse unhas pérgolas nas que se ubicarán os comerciantes/artesanos autorizados a participar nesta edición da feira, e que serán os que dean vida ó Mercado Modernista.

As/os interesadas/os en participar nesta edición do “Mercado Modernista” de Sada deberán enviar un correo electrónico á dirección sada.cul@sada.gal. O prazo remata o luns 26 de xuño.

Seguridade na noite de San Xoán

A Concellería de Cultura e Praias, xestionada pola socialista María Pardo, está a traballar para manter a seguridade nos areais a noite do 23 ó 24 de xuño e que a celebración do San Xoán se realice con plenas garantías.

Para elo acotaranse os areais e delimitarase a zona na que se poderán facer as cachelas, ademáis as praias de Cirro e Sada Nova pecharanse ás 3:00 am e se evacuarán para maior seguridade.

Todo o dispositivo será coordinado polo Servicio de Emerxencias Municipal e a Policía Local que verán reforzados os seus efectivos e velarán en todo momento pola seguridade das persoas.

Festa de San Xoan no Curruncho

O venres 23 de xuño na área recreativa do Curruncho (Praia das Delicias) a partir das 19:00 horas a concellería de Cultura e Praias celebra a festa do San Xoán.

Sardiñas asadas, pan de broa, cunca de barro, bebida (auga, viño, refresco) por 3€ a ración. A animación musical correrá a cargo de Queiroa , A Meda do Castro, a Charanga NBA e Disco Móbil.

A partir das 00:00 horas acenderanse as fogueiras, haberá fogos de artificio e repartirase queimada entre os asistentes.

sábado, 15 de abril de 2017

Broche final de torneos de Semana Santa

Como broche final de los torneos de Semana Santa, en los que el Rayo Sadense este año a participado, en esta ocasión le ha tocado al Alevin A en Mugardos y al Benjamin B en Visantoña, corriendo la misma suerte ambos, en sus respectivos torneos han llegado a clasificarse para cuartos de final y ambos han sucumbido en sus respectivos encuentros.
Como de costumbre el Rayo Sadense quiere agradecer al Galicia Mugardos, O Val de Naron, al Olimpico de Rutis y al Visantoña, todas las atenciones prestadas a nuestros equipos a lo largo de esta Semana Santa en sus respectivos torneos, el trato recibido por nuestros jugadores siempre ha estado a la altura de estos grandes anfitriones que en todo momento han cuidado de nuestros jugadores, desde aquí queremos trasmitir nuestra mas sincera enhorabuena a las respectivas organizaciones por su trabajo.

viernes, 14 de abril de 2017

Segunda jornada de torneos Semana Santa

Torneo de fútbol 8 Femenino O Val de Naron donde nuestro equipo femenino disfruto de un gran día compitiendo contra equipos de la comarca tales como Obrero, Eiris, Sporting Burgo O Val de Naron, Ural, Cariño o Santa Mariña. En un torneo muy competido en el cual lucharon en todo momento nuestras pequeñas guerreras, demostrando su gran momento y preparación.
En el ámbito masculino a destacar el Prebenjamin C y el Benjamin B que recalaron este año en el V Torneo de fútbol 8 de Visantoña, en el cual ambos equipos tomaron parte fundamental del gran juego demostrados en este evento por los distintos equipos participantes.
Por su parte los Alevines B, disputaron el II Trofeo de Fútbol Base Olímpico de Rutis, en el cual tras un día agotador de competición consiguieron alzarse con el mas que meritorio 3º puesto, firmando un esplendido torneo.
Para finalizar el Benjamin A se volvió a trasladar a Mugardos en su segunda sesión del V Torneo Concello de Mugardos donde tras una trepidante mañana con tres victorias y un empate consiguió una de las plazas para cuartos tan ansiada por todos los participantes.
En el partido de Cuartos tuvo que enfrentarse al correudo Eume que no permitió mas que un empate a unos que tuvo que definirse a los penaltis, poniéndose de cara al Rayo esta pequeña eliminatoria.
Tras conseguir el pase a Semis toco enfrentarse a un gran Betanzos que en todo momento estuvo a la altura de las circunstancias demostrando su juego eficaz y contundente, pero que el Rayo supo parar y convertir al final en un 2 – 1 a favor de los amarillos.
Para la final nos esperaba un partido de altura en el que se enfrentarían los dos equipos mas fuertes de esta segunda edición del torneo de Mugardos, de un lado el Ath. Coruña y del otro nuestros sagaces Rayitos los cuales en ningún momento se vinieron abajo pese a tener en frente uno de los rivales mas difíciles que les podía haber tocado, mantuvieron en todo momento la constancia y las ganas por disfrutar de esta final y lucharon con garra, demostrándonos una vez mas que ni las derrotas ni las victorias marcan su camino, si no la constancia y la ilusión, tras un empate en el cual ambos equipos los dieron todo, finalmente hubo que decidir el encuentro a los penaltis, cayendo esta vez la suerte del lado del Ath. Coruña quien se proclamo Campeón del Torneo, pese a todo nuestros Rayitos supieron saborear y disfrutar del momento al alzar la copa de Sub-campeones.

 V Torneo F8 Concello Mugardos


Tras una primera jornada del V Torneo Concello de Mugardos, donde multitud de equipos de la comarca se dan cita como todos los años, el Rayo Sadense como de costumbre no podía faltar, llevando en este primer día a sus Prebenjamines A y B, los cuales lejos de dejarse amedrentar por la gran calidad del resto de participantes, salieron a disfrutar de un gran día de fútbol.
Desde un principio con su característica jovialidad y entusiasmo nos hicieron disfrutar de un ambiente distendido y festivo, aunque con distinta suerte ya que el Prebenjamin B pese a su gran actuación, solo pudo cosechar dos empates y dos derrotas que pronto limitaron sus opciones, no sin perjuicio de poder jugar los cuartos de consolación de semifinales, luchando hasta el final con un intratable Animas que sentencio con un 5 – 2 que nuestros Rayitos no pudieron salvar.
El Prebenjamin A corrió otra suerte con sus tres victorias y un empate dándole acceso a una plaza para los cuartos de final.
En cuartos de final tuvo que medirse al gran Racing de Ferrol, que en todo momento demostró su gran juego aunque tuvo que finalmente rendirse ante nuestros Rayitos que se impusieron por un contundente 5 – 1.
Semifinales fue si cabe un punto de inflexión para estos pequeños prebenjamines del Rayo que pronto empezaron a notar el cansancio, en este encuentro y ante un O Freixo decidido a quitarles toda opción de pasar a la final el Rayo saco fuerzas de flaqueza y se impuso con un 0 – 1 que les dio el pase a la final.
La tan esperada final marco definitivamente la apoteosica jornada de nuestros pequeños Prebenjamines del Rayo, que acusaron el cansancio acumulado y ante un Victoria fuerte en defensa y definitivo en ataque firmaron una derrota por 0 – 4 que aun y con todo dejo muy buen sabor de boca a los Prebenjamines del Rayo Sadense por el Sub-campeonato conseguido.

Comienzan las Clases!!!