viernes, 4 de agosto de 2017

Sada convoca un pleno extraordinario para que o Concello sexa quen xestione  as visitas ao  Pazo de Meirás e solicitar apoio institucional para poñer fin á detentación pola familia Franco da propiedade do Pazo e a sua incorporación ao patrimonio público

Tamén se inclue na proposta de acordo demandar da Xunta de Galicia e do goberno do Estado o apoio institucional para realizar todas aquelas actuacións encamiñadas a recuperar o Pazo de Meirás para a titularidade e uso públicos. “Os poderes públicos, tanto os lexislativos como os administrativos e no seu caso os xudiciais teñen nas suas mans poñer fin ao anacronismo histórico de que a familia do ditador continue detentando a propiedade dun Pazo cuxa adquisición foi resultado da extorsión asociada a un réxime de terror”, afirmou Benito Portela.

Tamén se contempla na proposta de acordo formalizar unha declaración institucional de condea expresa ante os comunicados emitidos pola Fundación Francisco Franco así como de apoio á memoria das vítimas do franquismo.

Finalmente, instar ás Cortes do Estado, Grupos Parlamentarios e do goberno do Estado a realizar as iniciativas lexislativas conducentes á modificación da vixente Lei 50/2002 de Fundacións,  co obxectivo da posterior declaración como ilegais daquelas, que como a Fundación Francisco Franco, teñan por obxecto a homenaxe á vida e obra criminais do ditador.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!