Hoxe celebrarase en Betanzos outra edición do Festival Brigarock,
no que se combinará a música das bandas locais, representadas por Los
Inesperados, Sickeeper e Loss Yos, coa música desenfadada, as letras
coidadadas e a ironía rockeira do catalán Rafa Pons. A cita musical será
na Praza da Constitución, a partir das 22 horas. Os concertos comezarán
con Los Inesperados que darán paso a Rafa Pons a partir das 23 horas,
sobre as 00:30 horas será o turno de Sickeeper, que darán o relevo a
Loss Yos, a iso da 01:30 da mañá.
O festival
pretende ser unha mostra da creatividade dos músicos máis novos da
cidade, ao tempo que se aposta por traer ata Betanzos a música de
autores, con propostas de calidade e novedosas como é o caso de Rafa
Pons.