viernes, 11 de agosto de 2017

NP CHAMAMENTO PÚBLICO DO ALCALDE DE SADA

O ALCALDE DE SADA FAI UN CHAMAMENTO PÚBLICO A QUE O PLENO DO SÁBADO SEXA UN ACTO CIDADÁ E POLÍTICO-INSTITUCIONAL  PARA REMATAR COA VERGOÑA DO PAZO DE MEIRÁS DETENTADO POLOS FRANCO

O alcalde declara que estamos ante un momento histórico para sumar apoios para que o Pazo poida pasar a patrimonio público. 

Sada 10 de agosto 2017

O alcalde de Sada, Benito Portela efectuou un chamamento e convite  públicos a que as distintas administracións públicas (Xunta, Concellos, Deputacións), asi como entidades e asociacións e cidadania en xeral sumen apoios á proposta de acordo que vai someter a Pleno do próximo sábado, 12 de agosto, ás 12:30 horas. 

“O Pazo de Meirás é un asunto de interese xeral, de toda a sociedade galega, non so de Sada. A memoria histórica non é un asunto municipal. Estou certo que a Galiza enteira, as suas institucións e administracións, as suas entidades e asociacións, e sobre todo, a cidadania en xeral, comparte e asume a proposta que someterei a Pleno o sábado. Nen un minuto mais da vergoña dun Ben de Interese Cultural, o Pazo de Meirás, detentado polos herdeiros do ditador. Nen un minuto mais coa Fundación Franco xestionando o réxime de visitas. Nen un minuto mais coa vergoña”, declarou Benito Portela. 

A tal efecto o alcalde lembrou que o goberno da Xunta non poden seguir de perfil, amosando publicamente a sua contrariedade con que a Fundación xestione as visitas, e, ao mesmo tempo non adopte nengunha medida efectiva para evitalo. 

“Xunta e Estado, asi como os poderes lexislativos de ambos ámbitos,  teñen competencias e atriibucións para rematar coa vergoña da detentación da propiedade do Pazo polo ditador e que sexa unha fundación laudatoria do réxime de terror da represión franquista a que xestione as visitas. Nen un minuito mais de pasividade cómplice”, concluíu Benito Portela. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!