sábado, 19 de agosto de 2017

Este fin de semana en Sada Mestura Hopping e Festa Infantil de Verán

A segunda edición do Mestura Shopping celébrase este fin de semana detrás da Terraza

-O Mestura Shopping desenvolverase o sábado 19 e o domingo 20 de agosto en horario ininterrompido de 11:00 a 22:00 horas e contará con actividades varias realizadas polos propios comerciantes de Sada así como demostracións en directo.

Sada 18 agosto 2017.

Os días 19 e 20 de agosto celébrase en Sada a segunda edición do Mestura Shopping na carpa instalada detrás da Terraza. Tanto o sábado coma o domingo os sadenses e visitantes terán a oportunidade de atopar produtos de lencería, óptica, moda de muller, home e cativos, complementos, artesanía, xoias, disco, libros, calzado, froita, perfumes, xoguetes así coma información sobre empresas de Sada e as actividades que desenvolven.

Esta feira, segundo confirma o concelleiro do BNG, Xosé Lois Suárez Becerra “supón unha moi boa oportunidade para que aqueles que se queiran achegar a Sada poidan atopar produtos e servizos de excelente nivel. Esta feira naceu e continua co seu camiño para darlle una oportunidade ao comercio e servizos sadenses de ter un escaparate de maior magnitude en plena semana grande de Sada o que supón moitas máis posibilidades tanto para a oferta como para a demanda”. Mestura une este ano a comercios de máis de 70 anos de tradición en Sada con outros de recente apertura, todos xuntos nun espazo diverso, atractivo e cómodo.

O Mestura Shopping desenvolverase en horario ininterrompido de 11:00 a 22:00 horas, ambos días, e contará con actividades varias realizadas polos propios comerciantes de Sada así como demostracións en directo. “Expómoslle a todos unha ecuación sinxela: produto mais servizo mais calidade mais oferta mais hostalería mais lecer mais festa igual a entretemento e satisfacción polo que esperamos que todas e todos  atopedes unhas horas para disfrutar de Sada con todo o que ofrece aos que a visiten”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!