viernes, 13 de enero de 2017

GALA DE PREMIADOS DO CLUB HAN´S HORANG-I BETANZOS

O venres 30 de decembro celebrouse 9º Gala dos mellores deportistas do ano 2016 do Club Han´s Horang-i. Esta Gala de premios celebrase xunto coa “ 9º Festa de Taekwondo do Club Han´s Horang-i 2016”.Esta festa leva celebrándose 8 anos consecutivos en Bergondo e este 9º ano será o primeiro que se festexará en Betanzos.
Nesta festa sempre se fan recontos dos méritos deportivos conseguidos durante o ano
2016, e dan lugar ó mellor competidor@ de técnica, mellor competidor@ de combate e mellor alumno .
Este ano foi un ano con moitos méritos importantes.
Có título de mellor competidora de técnica temos a Ana LLin Shin Veiga, con tan só 8 anos leva 2 anos sendo campiona consecutiva de poomsae en Galicia. Neste ano é campiona galega de Poomsae, campiona no Open Internacional de Pontevedera 2016, campiona nos dous Open que se celebraron en Corea do Sur este verán (10º World taekwondo Culture Expo Competition 2016 de Muju e Open International Jeon Ju na cidade de Jeon Ju) e finalmente no Campionato da Xunta de Galicia, no que había duas modalidades de poomsae, na modalidade competitiva de mais nivel obtivo a medalla de Ouro, có que xa ten 20 puntos para o ranking Galego do ano 2017, para poder representar a Galicia no Campionato de España 2017.
O título do mellor competidor de poomsae é para Andrés Rodríguez Boutureira, o cal en Corea do Sur este verán, conseguiu unha medalla de Ouro e outra de Bronce (10º World taekwondo Culture Expo Competition 2016 de Muju e Open International Jeon Ju na cidade de Jeon Ju), tamén conseguiu un terceiro posto no Open Internacional de Pontevedra de 2016 e finalmente obtivo un terceiro posto no Campionato Galego da Xunta de Galicia, na modalidade competitiva de nivel, pola que xa parte con 5 puntos para este ano 2017 para poder representar a Galicia no Campionato de España.
O título do mellor competidora de combate deste ano 2016 foi Carla Sesar Vila, a cal obtivo a medalla de Ouro no Open Internatcional da Cidade da Coruña, o cal cal tamen era rankeable e dispoñia de alto nivel.
O título do mellor competidor de combate foi para Francisco José García zás (Sesé),ocalse esta desenvolvendo moi ben en combate rodándose pouco a pouco .
Mellorou na sua destreza nesta modalidade.
O título para a mellor alumna do ano 2016 foi para Adriana Carro Aguiño, a cal tamén foi campiona no Open Internacional de Pontevedra 2016 é durante o ano 2016
entrenou moi duro para poder participar no Campionato de España 2016, entrenando pola semana e tamén os fines de semana sin cesar, nin faltar nada, sendo moi constante no seu entrenamento.
E finalmente o título para o mellor alumno do ano 2016 foi para Omar Dans Castro, o cal foi campion provincial e galego nestes últimos campeonatos galego de técnica, despois de comezar cando chegamos a Betanzos, sendo moi constante no seu entrenamento e aplicado, notase que o seu traballo é constante e mellora en todalas modalidades de taekwondo.
Desexamoslles que sigan esta lineade traballo e a seguir disfrutando nas distintas
modalidades.
Dando comenzó aquí este gran tempada de trabaallo.

Mostrando Grupo fiesta 2016.jpg

Mostrando Premiados 2016.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Comienzan las Clases!!!