O Concello de Carral presenta a nova oferta dos programas de
Escolas Deportivas, Culturais e Educativas, que se iniciarán a partir do 1 de
outubro e se desenvolverán ata o mes de
maio.
Entre as actividades que se ofertan destacan bailes de salón,
zumba, teatro, fotografía, mountain bike, informática para nenos e adultos,
inglés, hockei, baloncesto, patinaxe, teares e tapices, cociña, ximnasia
rítmica, debuxo e pintura e tai chi, entre outras. A oferta faise para
diferentes localidades do municipio.
Para que unha escola poida iniciar as súas clases é necesario
que teñan un mínimo de 15 persoas, e algunhas delas contan cunha limitación
máxima de alumnado. Estas últimas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.
Para
informarse e inscribirse as persoas interesadas poden
dirixirse á Casa da Cultura e ao Centro Deportivo (tel. 981 672 580). O
folleto coa oferta completa de actividades pode descargarse da web
municipal carral.es.
O prazo para inscribirse rematará o 1 de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario