Una pareja cualquiera e Poker de Voces
Una pareja Cualquiera: http://www. unaparejacualquiera.es/
Poker de Voces: http://www.pokerdevoces.com/
Carmen Barrantes e Dani Muriel protagonizan a comedia
‘Una pareja Cualquiera’
·
A
función será o venres 12 de xuño ás 21:00 horas
·
O
sábado 13 poderemos ver sobre o escenario a Daniel Diges, David Ordinas, Ignasi
Vidal e Pablo Puyol en Poker de Voces
·
O
martes 9 ás 20:30 horas a Orquesta Gaos dará un concerto acompañada do
violinista francés David Grimal
A música e o teatro son os protagonistas da
carteleira do Teatro Colón para esta fin de semana con grandes profesionais
coñecidos do gran público polos seus traballos en televisión e no teatro
musical. O venres 12 os actores Carmen Barrantes e Dani Muriel protagonizan
‘Una pareja cualquiera’ e o sábado 13 ás 22:00 h Daniel Diges, David
Ordinas, Ignasi Vidal e Pablo Puyol xuntos na proposta musical ‘Poker de Voces’.
‘Una Pareja
Cualquiera’ é unha comedia romántica con toques de comedia negra que tratar
de desenmascarar a convivencia en parella e amosar as situacións que teñen
lugar de portas para dentro. Dirixida por Miguel Ángel Calvo Buttini e escrita
por el mesmo xunto a Álvaro Lión-Depetre a obra aborda o eterno tema do amor:
as crises, as rupturas, as reconciliacións, o que non se di, etc. Precisamente
contar temas tan clásicos e tratados dun xeito diferente foi un dos retos que
Calvo Buttini se marcou ao iniciar este proxecto. A historia leva o amor máis
alá da morte, e é que esta comedia romántica con tintes negros na que todo é o
que parece non ser comeza cun suicidio.
Dani Muriel, coñecido polos seus papeis en series
como Periodistas, Policías, Hospital Central, El Comisario, La que se avecina
ou a actual Gym Tony, e Carmen Barrantes (B&B, El Clavo de Oro) dan vida á
parella protagonista. Os actores Xabier Olza e Iñigo de Lascoiti completan o
reparto
Catro grandes voces sobre o escenario
O sábado 13 ás 22:00 horas chega ao Teatro Colón o
espectáculo Poker de Voces, unha proposta musicalmente impecable pero tamén
próxima e desenfadada.
Catro grandes voces coñecidas pola súa participación
nos grandes musicais que percorreron a nosa xeografía protagonizan esta
proposta. Daniel Diges, David Ordinas, Ignasi Vidal e Pablo Puyol demostrarán
non só a súa potencia vocal, senón tamén a súa personalidade sobre o escenario,
nun concerto moi persoal que nos deixa ver o seu lado máis íntimo a través dos
temas que os marcaron ao longo da súa vida.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web
do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de
Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén
na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a
21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do
espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.
Fátima Rodríguez Varela
647 427
481
@Teatro_Colon
www.teatrocolon.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario