O próximo sábado 13 de xuño, a
Asociación deDesenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos xunto co Concello de Sada organizan unha actividade de voluntariado
no Porto
de Sada, aberta a todo o público para a eliminación
de especies exóticas invasoras na área litoral da ría de Betanzos.
Esta
actividade promovida polo Concello de Sada enmárcase no proxecto
“Xestión Integradas das Zonas Costeiras na ría de Betanzos”, que
conta co apoio dos Fondos Europeos de Pesca (FEP) do Grupo de Acción
Costeira Golfo Ártabro e que busca crear unha iniciativa piloto de xestión
integrada na ría de Betanzos como mecanismo que asegure o desenvolvemento
sostible da súa área litoral.
O
obxectivo desta actuación busca difundir o coñecemento das especies exóticas
invasoras e os danos que estas producen no medio ambiente. Para iso, coa axuda
dos participantes na xornada, eliminaranse plantas de Cortaderia selloana (herba da Pampa ou
plumacho), en parcelas do Porto de Sada.
Esta planta
é unha das especies invasoras máis comúns e con maior perigo cara a
biodiversidade no espazo litoral da ría de Betanzos.
A zona
onde se vai a traballar funciona como foco de dispersión e invasión da herba da
Pampa cara todo o ámbito territorial
limítrofe, e en especial presenta un perigo potencial cara os espazos naturais
que existen nas áreas próximas.
A xornada
desenvolverase o sábado pola mañá de 10:00 a 13:30 horas.
Despois de
recibir unha pequena charla introdutoria sobre a problemática ambiental das
especies exóticas invasoras, comezarase cos traballos de corta e extracción
destas plantas, para o que os voluntarios contarán coas ferramentas
adecuadas.
Os
participantes na actividade contarán cun seguro de responsabilidade civil e
accidentes.
Para
inscribirse será necesario chamar ao teléfono 981 669 541 ou mandar un correo co
nome completo, a idade, un teléfono de contacto e o DNI a: info@marinasbetanzos.org.
A Presidencia
José A. Santiso Miramontes
Reserva da Biosfera Mariñas - Coruñesas e Terras do Mandeo
San Marcos, s/n 15318 Abegondo
Tlfno. 981 669 541
mail: info@marinasbetanzos.org
web: www.marinasbetanzos.com
facebook: www.facebook.com/ADR.

No hay comentarios:
Publicar un comentario